O LG G5 actualizarase a Android 7.0 en novembro

lg g5 - 1

LG leva uns anos comprometida coas actualizacións dos seus terminais de referencia (flagships), e semella que esta mesma liña seguirá co LG G5. Iso é o que se desprende da operadora australiana OPTUS, que ten na súa web a información da posíbel actualización deste terminal a Android 7.0, Nougat.

Como vemos na ligazón, e segundo OPTUS, a actualizacion do G5 chegará a mediados do mes de novembro. Teremos que agardar até entón para ver se chega ao mesmo tempo a todos os mercados ou se pola contra, faino dun xeito escalonado.

One Response

  1. Roi 18 Outubro, 2016 Responder

Deixa un Comentario