Trringo, o “Uber” dos tractores que xa funciona na India

trringo-1

Os smartphones e as aplicacións supuxeron unha gran revolución no xeito de facer moitas cousas, en grande medida ligando isto ao feito de poñer en contacto á xente que pode ofrecer un servizo ou axuda coas persoas que o precisan. Como exemplos disto temos Blablacar ou Amovens, para compartir gastos nas viaxes, ou Coachsurfing nos aloxamentos. Porén, se queremos ir máis aló do que sería estritamente compartir gastos e apostar por pagar un prezo digno por un servizo temos Airbnb ou Uber.

trringo-2

Desde a India chega agora unha aplicación que nos lembra moito ao funcionamento de Uber, pero vencellada ao mundo agrícola. Trátase de Trringo, un servizo de alugueiro de tractores á carta para facer as labores do campo coa maquinaria axeitada sen ter que facerse cun destes vehículos e soportar os custes da compra e do mantemento.

O que ofrece esta aplicación é algo que xa se fai habitualmente en Galiza: non todo o mundo ten un tractor na casa, polo que moitas veces recurrimos a persoas que o teñen para, ben de favor ou ben contratándoo, facer aquelas labores nas que sexa preciso un, por exemplo para arrincar as patacas. O que fai Trringo é precisamente pór en contacto a estas persoas.

trringo-3

O funcionamento da aplicación é tan sinxelo como seleccionar onde ten que ir o tractor e o traballo a realizar, facéndose así a reserva  un prezo que oscila entre as 400 e as 700 rupias por hora, uns 5,50 – 9,50 €. Ademais, tamén dispón dunha centraliña telefónica, orientada a aqueles lugares nos que a cobertura de datos móbiles non é moi boa.

Sen dúbida este é un moi bo exemplo de adaptación tecnolóxica ao entorno, aproveitando as infinitas posibilidades que nos dan os móbiles a aplicacións ao desenvolvemento das tarefas diarias. Se queredes saber máis sobre o tema, podedes pasarvos pola súa páxina web.

Sobre o autor

Reply