Navegación móbil ilimitada durante un tempo como alternativa ás WiFis de pago

verizon-popdata

En ocasións, dunha maneira máis ou menos esporádica, precisamos acceder a Internet e desexeríamos poder facelo sen límites de ningún tipo. Pensemos por exemplo nunha viaxe en tren ou autobús na que, se tivésemos barra libre de datos, poderíamos poñer ao día as nosas series favoritas través de Netflix ou de calquera outra plataforma de streaming.

Iso é o que propón a operadora estadounidense Verizon ás súas clientas co novo plan PopData. Trátase dun módulo que as usuarias desta compañía poden contratar cando lles pareza e disfrutar durante 30 ou 60 minutos de navegación ilimitada, tanto en velocidade como no número gigas descargados.

Con este servizo, ademais de garantírmonos non “fundir” a nosa tarifa de datos neses momentos nos que precisamos / queremos ter un servizo mellor, tamén gañamos en seguridade, xa que prescindimos de ter que conectarnos a unha rede pública ou introducir a nosa tarxeta nunha pasarela de pago dun terceiro para poder mercar un bono de datos, por exemplo, na WiFi dun aeroporto

A opción PopData de Verizon custa 2 dólares se queremos ter 30 minutos de Internet ilimitado ou 3 dólares no caso de que elixamos a opción dunha hora completa. Que vos parecen este tipo de solucións? Seríades potenciais usuarias delas?

Máis información | Verizon

2 Comentarios

  1. Diego 18 Outubro, 2016 Responder

Deixa un Comentario