LG anuncia novos monitores ultrapanorámicos e portátiles ultralixeiros

ultrapanoramicos-lg-1

LG presentou onte a súa nova gama de produto destinada a oferecer ás usuarias máis profesionais solucións cómodas e precisas. Dentro dese novo portfolio destacan os novos monitores ultrapanorámicos 21:9, con calidade 4K e menos de 1 kg de peso, así como proxectores ultralixeiros e portábeis.

Grazas ao seu campo de visión un 32% máis ampla que o que teñen os monitores convencionais, os novos monitores ultrapanorámicos 21:9 UltraWide facilitan o traballo, especialmente, a profesionais do deseño e artistas, como fotógrafos.

Nesta gama inclúense os modelos LG UltraWide™ 38UC99, de 38 polgadas, e o LG UltraWideTM34UC79G con 144 Hz.Ambos posúe funcionalidades innovadoras, como Screen Split, que permite visualizar múltiples ventás á vez.

O modelo LG UltraWideTM 38UC99 ofrece maior rendemento, calidade visual e características avanzadas. Por exemplo, dispón de USB Tipo C, permitindo trasmitir contidos e conectarse a outros dispositivos oa mesmo tempo. Tamén leva altofalantes de 10W compatíbeis con Bluetooth e unha potencia de son de 85 Hz.

O modelo 34UC79G de LG, amosa unha nova dimensión para aquelas persoas que disfrutan dos xogos, cunha taxa de refresco de 144 Hz. Tamén dispón de Motion Blur Reduction, Dynamic Action Sync e AMD FreeSync, para ofrecer unha imaxe limpa e sen pestanexos.

Ademais, LG amosou o novo monitor 4K 27UD68, pensado para profesionais que precisan a maior precisión na cor. Con máis do 99% de cobertura do espectro sRGB, pode resultar moi interesante para deseñadoras gráficas ou fotógrafas. Pensando nos gamers, tamén é compatíbel con FreeSync.

Novos proxectores e dispositivos para mobilidade

Pensando na mobilidade dos lugares de traballo, LG tamén lanzou novos proxectores da gama Minibeam, o Slimbook 15Z960 e o PC AIO 24V360.

LG PH450U, grazas ao seu tiro ultra curto, precisa tan só 33 centímetros para converter calquera superficie (mesmo o chan) nunha pantalla de proxección para unha imaxe de 80 polgadas. Tamén é un produto de récord ao ser o proxector de tiro ultra curto de batería con maior brillo do mercado, 450 lummens. Por outra banda, LG PH150G mantén a estética da gama MiniBeam cun penso de 450 gramos e un tamaño de 115 x 115 x 44,5 mm. Ademais, ambos os dous contan coa funcionalidade LG Triple Wireless para poder disfrutar dunha experiencia de visionado libre de cables.

LG Slimbook é un dos portátiles máis lixeiros do mercado. Pesa menos dun kg e pode ser transportado con moita facilidade. Dispón dunha pantalla de 15 polgadas con resolución Full HD e batería de gran capacidade. Para podervos facer unha idea, deixámosvos a nosa review do modelo anterior.

ultrapanoramicos-lg-2

Por último, o All in One 24V360 ofrece comodidade e deseño no mínimo espazo. Dispón dun panel IPS e resolución Full HD para disfrutar de imaxes nítidas con cores vivas e precisas. Ten 500 GB de almacenaxe interna, 4 GB de memoria RAM e un procesador N3700 QuadCore.

Que vos parecen?

Sobre o autor

No Responses

Reply