Así é a nova Nintendo Switch, a consola híbrida de Nintendo

nintendo-switch-1

No mundo do videoxogo había bastante espectación por saber todo o que Nintendo tiña preparado para a presentación desta tarde, mais a espera pagou a pena, e a Nintendo Switch xa é oficial. Trátase, nin máis nin menos, da primeira videoconsola híbrida da compañía, pensada para disfrutar dela tanto na casa como nos nosos desprazamentos.

A Nintendo Switch está composta por tres elementos: unha base, un mando e a pantalla. Deste modo, se estamos na nosa casa e queremos xogar desde o sofá, insertamos a pantalla na base (que á súa vez estará conectada á televisión) e xogaremos co mando. Porén, se queremos movernos a outro lado non temos máis que desmontar o mando e colocarlle a pantalla, podendo así continuar co xogo no noso desprazamento.

No vídeo anterior podemos ver con máis detalle como é a videoconsola e o proceso de montaxe / desmontaxe na base, así como o funcionamento en xeral. Así mesmo, tamén se amosa un mando adicional que se comercializará por separado para ter unha mellor experiencia de xogo cando esteamos na casa, e como a pantalla ten tamén unha pequena lapela que nos permite manter a consola de pé.

Está previsto que a nova Nintendo Switch chegue ao mercado no próximo mes de marzo de 2017, polo que aínda teremos que agardar un pouco para coñecer todos os detalles, entre eles os prezos. Que vos parece?

Deixa un Comentario