O novo módem Qualcomm Snapdragon X50 será quen de soportar velocidades 5G

qualcomm-snapdrago-x50-5g

Os avances tecnolóxicos chegan a unha velocidade de vértixe, e mentres que moitas usuarias aínda están acostumándose a saber o que é o 4G e as súas vantaxes, a industria pisa o acelerador co 5G. Estamos a falar da nova xeración das comunicacións móbiles, que comezará a ser unha realidade no 2020, aínda que algúns operadores, como o estadounidenseVerizon, xa anunciaron que adiantarían os primeiros despregamentos comerciais ao 2017.

Mais hoxe toca falar de Qualcomm, que apreveitando as súas conferencias sobre o estado do 4G e 5G vén de anunciar o seu novo módem Snapdragon 5G, o primeiro que lanza ao mercado e que, polo tanto, veremos nalgún que outro teléfono no próximo ano. Ademais, este módem é compatíbel con calquera procesador dos da última xeración do fabricante, o que sen dúbida facilitará a súa integración.

Das características do novo Snapdragon X50 cabe destarcar que terá soporte para as ondas milimétricas que traballan no espectro dos 28 GHz, a actual banda dos 800 MHz (a máis cotizada para o despregamento actual do 4G polas longas distancias que acada e o ben que penetra en interiores), e tamén para a tecnoloxía MIMO. Ademais, admite picos de velocidade de até 5 gigabits por segundo.

nmwave

Malia todo, aínda teremos que agardar un tempo para que este módem chegue ao mercado como tal. E é que, segundo as previsións da propia Qualcomm, non será até o último cuatrimestre do 2017 cando comecemos a ver os primeiros terminais que se comercializan con este módem, e xa no 2018 teremos  a aunténtica eclosión desta tecnoloxía.

Deste modo, estes trebellos xa poderán comezar a empregar as novas redes naqueles países que teñan comezado os despregamentos nese momento. Que acontecerá no noso?

Deixa un Comentario