Confírmase que non todas as características dos Pixel chegarán aos Nexus

Até o de agora, as actualizacións que recibían os Nexus eran practicamente completas, de maneira que tanto o Nexus máis actual coma os de anos anteriores tiñan, salvo pequenos cambios, o mesmo software. Porén, cos novos Pixel non vai ser así.

nexus 5x - 2

Google confirmou que os Nexus non van recibir dúas características presentes nos novos Pixel e Pixel XL, como os xestos do lector de pegadas dixitais como o modo nocturno. A primeira destas características permite, entre outras cousas, acceder desde co sensor de pegadas dixitais á barra de notificacións, mentres que co modo nocturno múdanse as cores da pantalla para reducir a emisión de luz azul e así mellorar os ciclos de sono.

A xustificación que ofrece a compañía é que se trata de limitacións do hardware dos terminais Nexus, mais as malas linguas apuntan a que podería tratarse dunha estratexia puramente comercial.

Sobre o autor

Reply