Samsung podería apostar por baterías LG no seu Galaxy S8

lg g5 - 6

A estas alturas, todas coñecemos os problemas de Samsung coa batería do Note7: un problema das baterías / sistema de carga que lastrou o éxito do que tiña todas as trazas de ser o mellor smartphone do 2016, resultando un durísimo golpe para Samsung.

Por mor deste problema, estase a falar estes días de dúas cuestións, a desaparición da familia Note e a elección dun novo proveedor de baterías. Sobre este segundo tema, semella que Samsung estaría decidida a apostar por LG para que fose a compañía encargada de fabricar as baterías que levarán os Galaxy S8, eliminando os riscos de repetir os problemas co Note7.

Deixa un Comentario