Google abre tenda física en New York: así é por dentro

tenda-google-ny-1

Os novos smartphones Pixel e Pixel XL están a conseguir unhas críticas impresionantes de toda a prensa especializada que xa os puido probar. Todas elas coinciden en que se trata de dispositivos dun deseño coidado, bo rendemento, unha batería que supera con creces a media e unha cámara que compite coas dos Samsung Galaxy S7 / S7 Edge e as do iPhone 7 Plus por ser a mellor do mercado. Con estes precedementes é normal que Google faga a maior aposta comercial da súa historia, o que inclúe a apertura dunha tenda física no número 96 de Spring St, en New York.

tenda-google-ny-2

Porén, e a diferenza do que moitas poideran pensar, Google non ten previsto abrir unha cadea de Google Store‘s físicas, como fixo Apple, senón que se trata dunha exposición temporal no que as usuarias poderán ver e probar os produtos que lanzaron na última keynote, como os Pixel, Google Home ou os lentes de realidade virtual DayDream View.

tenda-google-ny-3

Malia non vender produtos directamente (Google prioriza as canles online, operadoras e distribuidoras de electrónica), nesta Store, ademais de poder ver e probar os novos dispositivos, as usuarias poderán acceder (previa reserva) a clases sobre como configurar e usar os Pixel / Pixel XL, así como asistir a diferentes eventos distendidos que ten preparada a compañía.

tenda-google-ny-3

Máis información | Google Pop-up Store

Deixa un Comentario