Todo apunta a que o LG G6 non será modular

lg g5 - 4

Malia ser un terminal de alto nível cun funcionamento excepcional, o LG G5 tamén recibiu moitas críticas polo seu sistema modular. A arriscada aposta de LG por un dispositivo configurábel ao gusto das usuarias mediante módulos nun terminal de referencia semella que non acadou o éxito previsto, polo que todo apunta a que o novo LG G6 non será modular.

LG recoñeceu que o feito de ter que apagar o dispositivo para ter que intercambiar os diferentes módulos non é o máis axeitado, ademais de que non parece que haxa unha porcentaxe moi alta de usuarias que se animen a mercar módulos adicionais para os seus LG G5, fóra dos que poidan formar parte dunha promoción de venda.

De acordo con estas circunstancias, semella que LG ten en mente un cambio de rumbo e volver aos terminais “tradicionais” que tan bo resultado lle estaban a dar na saga “LG G”. Deste modo, o LG G6, que de seguir o calendario previsto debería ver a luz entre febreiro e marzo do mes que vén, esquecería os módulos, aínda que seguramente teña unha serie de accesorios específicos para facelo máis exclusivo.

Sobre o autor

Reply