Whatsapp incorpora a videochamada na súa versión beta

logo whatsapp

Xa pasou máis dun ano desde que WhatsApp incorporou as chamadas de voz, unha característica reclamada polas usuarias desta popular aplicación de mensaxería, aínda que na práctica semella que non son moitas as que a empregan con asiduidade. Agora WhatsApp quere ir un paso máis aló incorporando as videochamadas para ser así nunha ferramenta aínda máis completa.

Se sodes das usuarias que empregan a versión beta da aplicación, coa chegada da última versión de proba xa se poden facer videochamadas, aínda que hai que ter en conta que a hipotética persoa receptora da chamada tamén ter que ter unha versión que o permita, de momento unicamente esta beta.

Para comezar a empregar esta nova funcionalidade debemos acceder a unha conversa calquera e premer na parte superior sobre a icona do teléfono. Deste modo abrirásenos unha ventá que nos dará dúas opcións: facer chamadas de voz ou videochamadas, tal e como vemos na seguinte captura.

whatsapp-videochamada-1

Se para vós esta é unha funcionalidade necesaria e non queredes agardar a que chegue á versión estábel de WhatsApp, os pasos para instalar a versión beta de WhatsApp non poderían ser máis doados. Tan só debedes premer nesta ligazón para facervos probadoras da app e actualizala.

Sobre o autor

No Responses

Reply