Xiaomi Mi Mix: o teléfono sen marcos de Xiaomi

xiaomi-mi-mix-concepto-2

Xiaomi sabe ben como sorprendernos. Esta mañá anunciou o seu novo buque insignia, o Xiaomi Mi Note 2, que nos sorprendeu pola súa espectacular pantalla curva, semellante á que incorporan os últimos dispositivos da surcoreana Samsung. Porén, este non foi o único terminal que amosou o fabricante chinés no evento: toca falar do Xiaomi Mi Mix.

O Xiaomi Mi Mix é un dispositivo espectacular, que se ben é certo foi presentado como un dispositivo conceptual (isto é, unha idea sobre a que desenvolver un trebello), chegará a poñerse á venda proximamente, facendo gala dunha espectacular pantalla de 6,4 polgadas sen bordes que ocupa o 91,3 % do frontal.

Especificacións do Xiaomi Mi Mix

Ademais da pantalla de 6,4 polgadas, o Mi Mix tampouco escatima no resto de especificacións técnicas. No seu interior leva un procesador Qualcomm Snapdargon 821, de oito núcleos a 2,35 GHz, e estará dispoñíbel en dúas configuracións: 4 GB de RAM e 128 GB de memoria interna ou 6 GB de RAM e 256 GB de almacenaxe.

https://www.youtube.com/watch?v=bXgoKrGZLAM

A cámara principal é de 16 megapíxeles, con flash LED, e a frontal de 5 megapíxeles. A batería ten unha capacidade de 4400 mAh e leva sistema de carga rápida Quick Charge 3.0, e como sistema operativo usa Android 6.0 coa interface MIUI 8.

Sen bordes e con acabados cerámicos

A especularidade do seu deseño débese á práctica ausencia de bordes, o que fai que teñamos un terminal que ofrece unha sensación de dispositivo máis pequeno na man, a pesar de estar disfrutando dunha pantalla de 6,4 polgadas e formato 17:9.

Ademais, Xiaomi tivo que recolocar todos os elementos habituais dos frontais dos móbiles, como a cámara, que pasa a ocupar a esquina inferior dereita, ou os altofalantes, que foron sustituídos por un sistema que transmite o son a través do panel frontal.xiaomi-mi-mix-concepto

En canto a materiais, neste modelo Xiaomi aposta polo uso da cerámica tanto nos laterias como na parte traseira, onde está situado o lector de pegadas dixitais.

Dispoñibilidade e prezo

Xiaomi anunciou a dispoñibilidade deste modelo para as próximas semanas, nun rango de prezos que vai desde os 470 euros aos 540, segundo versións:

  • 4 GB de RAM + 128 GB de memoria: 470 euros.
  • 6 GB de RAM + 256 GB de memoria: 540 euros.

Ademais, na versión superior situarase un anel d e ouro de 18 kilates arredor da cámara principal e do lector de pegadas dixitais par amarcar a diferenza.

Sobre o autor

No Responses

Reply