O Xiaomi Mi Note 2 faise oficial, con pantalla curva e compatibilidade global de bandas

xiaomi-mi-note-2-1

Malia que xa tiña posado para as cámaras máis indiscretas, foi hoxe cando o Xiaomi Mi Note 2 fíxose finalmente oficial. Estamos a falar da última aposta do popular fabricante chinés, un dispositivo orientado ao segmento máis premium, tanto polo seu coidado deseño como polas súas características, aínda que o prezo mantense dentro das marxes habituais da marca.

Como era  de imaxinar, o Xiaomi Mi Note 2 aposta polo último en hardware, incorporando unha pantalla OLED curvada de 5,7 polgadas e, no interior, un procesador Qualcomm Snapdragon 821 e GPU Adreno 530. Dispón de 4 ou 6 GB de memoria RAM, segundo versións, e 64 ou 128 GB de memoria interna.

xiaomi-mi-note-2-2

No apartado multimedia, na cámara principal leva un sensor Sony IMX318 de 22,56 megapíxeles con apertura f/2.0, estabilizador de imaxe óptico, mentres que a frontal é de 8 megapíxeles. Ademais, tamén cabe destacar o son en alta fidelidade, HiFi 24 bits, para unha experiencia multimedia superior.

xiaomi-mi-note-2-3

A batería ten unha capacidade de 4070 mAh, con sistema de carga rápida Quick Charge 3.0. En canto a conectividade, dispón de NFC, porto USB Tipo C e, como gran novidade, dispón de conectividade global en redes 4G+, con velocidades de até 600 Mbps.

O novo Xiaomi Mi Note 2 chega en dúas cores, negro e gris, e o se prezo variará entre os 380 e os 475 euros ao cambio, dependendo das versións:

  • 4 GB de RAM e 64 GB: 380 euros (só para China)
  • 6 GB de RAM e 128 GB: 450 euros (só para China)
  • 6 GB de RAM e 128 GB: 475 euros (versión internacional)

Que vos parece?

Sobre o autor

No Responses

Reply