BlackBerry DTEK60, o terminal co que se despide BlackBerry

blackberry-dteck60-3

BlackBerry foi unha marca de referencia para moitas usuarias, aínda que ben é certo que non souberon (ou non quixeron) adaptarse ás esixencias do mercado, pensando erroneamente que o sector empresarial ao que se dirixían non ía precisar os cambios que xa eran evidentes nas usuarias particulares.

Hai apenas un mes BlackBerry anunciou o seu final como fabricante de teléfonos, deixando a porta aberta a que outros fabricantes puideran usar a súa marca, algo semellante ao que acontece a día de hoxe con Motorola – Lenovo. Porén, quedaba un último dispositivo por anunciar, a Blackberry DTEK60, que xa é oficial.

blackberry-dteck60-1

A BlackBerry DTEK60 é un dispositivo premium, e polo tanto conta cunhas especificacións que a sitúan á altura das circunstancias, entre as que destaca a súa pantalla AMOLED de 5,5 polgadas con resolución Quad HD ou unha cámara principal de 21 megapíxeles. A listaxe completa das máis destacadas é a seguinte:

  • Pantalla AMOLED de 5,5 polgadas (Quad HD 2560 x 1440 píxeles)
  • Procesador Qualcomm Snapdragon 820
  • Procesador gráfico Adreno 530
  • 4 GB de RAM
  • 32 GB de memoria (+microSD de até 2 TB)
  • Cámara principal de 21 megapíxeles, cámara frontal de 8 Mpx.
  • 3000 mAh con Quick Charge 3.0
  • USB Tipo C
  • Lector de pegadas dixitais

Como vedes, a nova BlackBerry DTEK60 leva algunhas das especificacións máis demandadas polas usuarias a día de hoxe, como un sistema de carga rápida, o lector de pegadas dixitais e mesmo os novos USB reversíbeis tipo C.

blackberry-dteck60-2

O sistema operativo é Android 6.0.1, mais isto só é a base para algo máis potente. E é que a compañía fai a súa gran aposta no software, onde inclúe as ferramentas da marca vencelladas á seguridade, como a encriptación de daatos co estándar FIPS 140-2 ou a garantía de actualizacións “inmediatas” de seguridade.

A BlackBerry DTEK60 ponse á venda por 579 euros e xa está á venda no noso país. Por ese prezo tamén inclúe unha funda de coiro para protexer o dispositivo.

Sobre o autor

Reply