Android Auto estrea foro oficial

Sabemos que cando mercamos un gadget ou precisamos ver trucos dunha aplicación ou xogo, os foros das comunidades da Internet son ferramentas de gran utilidade. Ademais, estes lugares de encontro están cheos de problemas ou dúbidas que comparten moitas usuarias, e mesmo hai algúns que contan con fontes oficiais que participan.

android auto mapa

Desta volta é Android Auto quen estrea foron oficial, aínda que polo de agora só está en inglés. Aló podedes abrir os vosos temas ou facer aportacións e preguntar dúbidas para mergullarse de cheo nesta versión do noso sistema operativo favorito deseñada especialmente para os vehículos.

Deixa un Comentario