Orange aposta polas liñas adicionais de móbil para quen non ten ADSL nin fibra

orange

Cada vez é máis habitual que as usuarias contratemos servizos de telecomunicacións que aúnan todos os produtos na mesma factura: telefonía fixa, móbil, Internet e TV. Neste senso, proliferan as ofertas que xa se comercializan incluíndo servizos fixos (telefonía fixa e fibra / ADSL) e unha liña de móbil, ás que se poden sumar liñas adicionais.

As liñas adicionais están destinadas a aquelas clientas que teñen máis dunha liña móbil no fogar, e adoitan ter un desconto sobre o que custaría unha tarifa semellante contratada en solitario. É a aposta que fan case todas as operadoras para conseguir que as clientas teñan todos os produtos coa mesma empresa.

Agora Orange vén de lanzar as liñas adicionais “só móbil”, é dicir, pensando nas usuarias que non teñen fibra ou ADSL con Orange. Deste modo, cada liña pode disfrutar dun 20% de desconto, que se aplica ás liñas coa menor cota, e é válido para as tarifas Colibrí, Tucán, Ballena Play, Delfín, Ballena e Mi Fijo.

Por poñer un exemplo, unha usuaria que teña contratada unha liña Delfín (31,95 €/mes) e outra Tucán (21,95 €) pasará de pagar 53,90 € ao mes da suma total a pagar 49,51 €,  dos que 31,95 € son a cota íntegra de Delfín e 17,56 € a tarifa Tucán co desconto, tal e como se pode ver na seguinte táboa.

orange-adicionais

Ademais, as tarifas contratadas en conxunto baixo este sistema de liñas adicionais tamén son compatíbeis co servizo “Entre Nosotros”, que permite beneficiarse de chamadas de balde entre todas as liñas do mesmo titular.

Oferta tamén dispoñíbel para empresas

A nova oferta de liñas adicionais tamén se aplica ás liñas móbiles dunha empresa, que obterán un 20% de desconto nas segundas liñas, considerando sempre a primeira a de máis valor. As tarifas de empresa de Orange compatíbeis con esta oferta son Ballena Pro, Delfín Pro, Ballena Pro 100, Tucán Pro e Mi Fijo Pro.

Sobre o autor

No Responses

Reply