Samsung lanza unha nova cor para o Galaxy S7 Edge: azul coral

samsung-galaxy-s7-edge-azul-coral-2

Nos últimos días falouse da posibilidade de que Samsung lanzase unha versión do Galaxy S7 Edge en azul coral, algo que vén de ser confirmado polo porpio fabricante, quen amosou as primeiras imaxes oficiais do exitoso modelo nunha das cores máis demandadas do Note7.

O trebello será lanzado en Taiwán o próximo día 1 de novembro e días despois, o 5 de novembro, chegará a Singapur. Polo de agora a compañía non confirmou se ten previsto levalo a outros mercados, entre eles o europeo, pero o máis probábel é que teñamos novas disto nas próximas semanas.

samsung-galaxy-s7-edge-azul-coral

O azul coral foi unha das cores máis exitosas nas reservas do retirado Note7, polo que a compañía non dubidou un momento en poñela a disposición do que a día de hoxe é o seu dispositivo referencial, o Samsung Galaxy S7 Edge.

Mentres agardamos a saber se finalmente esta nova versión chega ao noso país, podemos facernos cun S7 Edge en rosa, prata, negro e dourado.

Deixa un Comentario