3 meses de Netflix gratis co paquete “Cine y Series” de Orange

netflix 01

As usuarias de Orange TV que teñan contratado o paquete de contidos “Cine y Series” poderán disfrutar a partir do próximo 1 de novembro dunha promoción que lles permitirá acceder de forma gratuíta durante 3 meses do catálogo de contidos de Netflix. Pasado este tempo, poderán seguir empregando este servizo pagando a cota íntegra: 9,99 €/mes.

Até o de agora era Vodafone a operadora coa que Netflix tiña un acordo promocional no noso país, pero tal e como comentamos hai uns días, desde o pasado 24 de outubro as novas clientas de Vodafone xa non poden disfrutar desta oferta.

O paquete “Cine y Series” de Orange pode contratarse a partir dos 7,95 €/mes e inclúe máis de 3000 contidos, entre os que se inclúen tempadas completas de series, películas, documentais e contidos infantís á carta, ademais de 35 canles premium de entretemento en calidade HD e multidispositivo.

Pola súa banda, en Netflix atópanse infinidade de contidos (cine de Hollywood, programas de TV, documentais, cinema independente…) ademais de series exclusivas como House of Cards, Narcos ou Stranger Things. A súa vantaxe principal é que, ademais de ser un produto multidispositivo, permite pausar e reanudar a reprodución dos contidos, e que non dispón de publicidade.

Deixa un Comentario