Samsung lanza un monitor curvo con tecnoloxía Quantum dot para gamers

cfg70-curved-monitor-1

Moitos dos avances que estamos a ver nos monitores ultimamente están destinados ás gamers. Se hai uns días falamos das novidades de LG nesta liña de produto, hoxe toca falar de Samsung e a súa nova gama de monitores da serie CFG70, que proporcionan unha experiencia de xogo moito máis inmersiva cun tempo de resposta ultra rápido, acadando apenas 1 m/s.

Os novos monitores Samsung CFG70 están deseñados especificamente para gamers profesionais, e se trata dos primeiros monitores curvos que inclúen a tecnoloxía Quantum dot. Dispoñíbel en dous tamaños, 24 e 27 polgadas, expresa cores brillantes e precisos nun espectro do 125% sRGB. Esta luminancia engadidada produce un ratio de contraste 3000:1, amplificando detalles do xogo que antes ficaban ocultos, tanto en escenarios luminosos como escuros.

Segundo afirma Samsung, trátase da primeira serie de monitores curvos que produce un tempo de resposta da imaxe en movemento (MPRT) de 1 m/s, o que reduce as transiccións de pantalla entre os obxectos en movemento e animados, ao mesmo tempo que elimina as potenciais distraccións visuais.

Os CFG70 aproveitan tamén a tecnoloxía integrada AMD FreeSync para sincronizar a taxa de refresco de 144 Hz de pantalla coas tarxetas AMD Das usuarias. Esta conectividade minimiza os cortes de imaxe (tearing), a latencia de entrada e pestanexo que poden interrumpir o xogo e producir fatiga visual.

A curvatura da súa pantalla ten un radio 1800 R, e o ángulo de visión é de 178 graos. Estas cifras non están escollidas ao azar, senón que son as que se adaptan á curva natural do ollo humano. Ademais, a luz LED complementaria con son interactivo, situada debaixo do marco inferior, reforza unha presentación realista e mantén ás usuarias centradas na acción durante os momentos máis importantes do xogo.

Estes novos modelos de monitor poderanse adquirir proximamente, aínda que polo de agora non se confirmou a data exacta nin o seu prezo.

Deixa un Comentario