Sorteamos un bautismo de surf en Arteixo co gallo do Samaín

android-surf

Estes días estamos a vivir un verdadeiro verán de outono que nos anima a facer actividades ao aire libre. Por iso, porque estamos no Samaín e porque queremos ter un detalle con todas e todos vós, imos facer un sorteo… pero bulide!! Que o prazo para participar remata mañá, martes 1 de novembro, ás 12 horas.

Que sorteamos?

Como víchedes no título do post, o que está en xogo é un bautismo de surf en Arteixo para dúas persoas. A actividade ten unha duración aproximada de 2 horas, e darase nun bono que deberedes canxear directamente coa empresa. Unicamente é válido para a fin de semana do 5 e 6 de novembro.

Que tes que facer para conseguilo?

Logo de darlle unhas voltas ao método para facer o sorteo escollemos a plataforma Gleam, que axiliza todos os trámites de participación e saca ela soíña á persoa gañadora. O único que tedes que facer é completar os pasos que se sinalan no widget que aparece a continuación, cantos máis fagades, máis participacións tedes e, polo tanto, máis posibilidades de gañar. Moita sorte!

Samaín. Bautismo Surf

[Actualización] O gañador resultou ser Luis, pola súa participación a través do RT en @Luischo. Noraboa!

Deixa un Comentario