O Elephone S7, deseño e acabados premium por menos de 200 euros

 

elephone-s7-2

A finais do mes de setembro anunciouse a chegada oficial do fabricante Elephone ao noso país, o que implica a aplicación das garantías que se aplican aos protudos en Europa e a apertura dun servizo técnico oficial, situado no concello de Mos. Xa por aquelas datas falamos do Elephone S7, o dispositivo estrela da marca, que conta cun deseño premium e pantalla curva por un prezo bastante asequíbel.

Non cabe dúbida de que o Elephone S7 parécese moito ao Samsung Galaxy S7, aínda que non incorpora unha pantalla Edge, senón unicamente con curvatura 2.5D. Ademais, o Elephone S7 chega dispoñíbel en varias versións, atendendo ao tamaño da súa pantalla e ás memorias RAM e capacidade interna.

O Elephone S7 leva no seu interior o procesador MediaTek Helio X20 e pantalla de 5,2 ou 55 polgadas, en ambos casos con resolución Full HD e tecnoloxía IPS. As combinacións de memoria RAM e memoria interna dispoñíbeis son de 2 GB + 16 GB, 3 GB + 32 GB, 4 GB + 64 GB.

elephone-s7-1

En canto ás cámaras, o sensor principal é de 13 megapíxeles, con apertura f/2.2, autoenfoque e flash LED, mentres que no caso da cámara frontal temos un modelo de 5 megapíxeles. A súa batería é de 3000 mAh, e non fan alusión a que inclúa carga rápida, polo que imaxinamos que non ten. Tampouco dispón de NFC.

O novo Elephone S7 comercializarase en varias cores (dourado, negro, azul e verde) e xa se atopa en prevenda, aínda que polo de agora non hai dispoñibilidade de todas as versións en todas as cores. En canto a prezos, na web oficial son os seguintes:

  • Elephone S7 2 GB + 16 GB: 127 €
  • Elephone S7 3 GB + 32 GB: 154,24 €
  • Elephone S7 4 GB + 64 GB: 217,78 €

Que vos parece?

Deixa un Comentario