Google paraliza o despregamento de Google Fiber

google-fiber

Google leva moito tempo interesada no despregamento de redes propias para levar Internet a todo o mundo. Neste eido un dos proxectos máis ambicisos é, xunto a operadora móbil Project Fi, Google Fiber. Fiber supuxo o despregamento de rede en varias cidades dos Estados Unidos, ofrecendo unha oferta comercial moi competitiva. Porén, a compañía vén de paralizar o despregamento de rede e despedir a parte dos seus responsábeis.

Segundo parece, foron o bloqueo exercido por operadoras como AT&T ou Verizon, ademais das múltiples trabas burocráticas das diferentes institucións norteamericanas, as que fixeron desistir a Google de seguir adiante co proxecto, e como consecuencia tamén vén de distituír ao seu responsábel.

Fiber: unha oferta diferenciada

Cando Google lanzou Fiber puxo en marcha dúas tarifas, un plan básico gratuíto co que daban unha conexión de 5 Mbps sen custe ou unha alternatvia de pago e 1 Gbps. Desde abril xa non se ofrece o plan gratuíto e as opcións de contratación son 3:

  • Fiber 100 (50 $/mes = 45 €/mes). Unha conexión de 100 Mbps de suba / baixada, con posibilidade de engadir teléfono fixo por 10 $/mes.
  • Fiber 1000 (70 $/mes = 63 €/mes). Unha conexión de 1000 Mbps de suba / baixada, 1 TB de almacenaxe na nube e posibilidade de engadir teléfono fixo por 10 $/mes.
  • Fiber 1000 +TV (130 $/mes = 117 €/mes). Unha coenxión de 1000 Mbps de suba / baixada, 1 TB de almacenaxe na nube, máis de 220 canles de TV, canles premium (HBO, NFL RedZone, …) e posibilidade de engadir teléfono fixo por 10 $/mes.

Imaxinamos que tras a paralización do despregamento Google unicamente permitirá unirse á súa rede ás usuarias que teñen cobertura nestes momentos, mais agardamos que nas próximas semanas a compañía informe dos plans futuros destes produtos.

Deixa un Comentario