Wizapet, a app galega que quere axudarnos a atopar a nosa mascota perdida

wizapet-00

Unha equipa galega de desenvolvemento de apps vén de lanzar na Play Store Wizapet, unha ferramenta coa que pretenden axudarnos a atopar as nosas mascotas no caso de perda.

A aplicación sitúase nos dous casos nos que nos podemos atopar neste tipo de situacións. Por unha banda, se non atopamos a nosa mascota podemos poñer un anuncio coa descrición completa do animal, a situación onde lle perdemos a pista, unha imaxe que axude á súa identificación e, de ser o caso, o importe dunha posíbel recompensa para a persoa que a atope.

Por outro lado, se somos nós as que atopamos unha mascota perdida podemos colocar un anuncio semellante, pero á inversa, para facilitar a súa identificación.

wizapet-01

wizapet-02

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como vemos na imaxe, podemos seleccionar dous tipo de vistas na aplicación. Unha delas e ver todos o anuncios nun mapa, e a outra, en modo de listaxe onde vemos unha imaxe da mascota en preview.

wizapet-04

Se prememos sobre un anuncio concreto, ademais de acceder a todos os datos do animal perdido / atopado, aparécenos un botón que nos permite comezar un chat para axilizar a comunicación

A aplicación Wizapet é totalmente gratuíta. Pódese descargar desde esta ligazón á Play Store.

Sobre o autor

Reply