Dación de contas: seguimos precisando a túa axuda

equipo android

Hai un ano publicamos a segunda dación de contas da nosa campaña de micromecenado, que ten como único obxectivo conseguir fondos a través da colaboración de todas e todos para poder seguir mantendo vivo o proxecto de Mallando no Android. Hoxe tócanos redimir contas e, xa de paso, pedir de novo a vosa axuda económica.

Como podes axudar?

Na columna da dereita do blog ou nesta páxina poñemos as diferentes formas que tes de colaborar economicamente co noso proxecto. Resumindo, poñemos á vosa disposición dúas opcións.

  • A suscrición: mediante este método achegarasnos, cada mes, unha cantidade fixa, que pode ser de 1, 2 ou 5 €/mes.
  • A doazón: se prefires facer unha única doazón podes indicar a cantidade que queiras, cobrándose unha única vez dita cantidade.

A que adicades estes cartos?

Os cartos que recadamos con estas doazóns empregámolos unica e exclusivamente para cubrir gastos derivados do blog, como os que teñen que ver co seu deseño e mantemento, os desprazamentos a feiras e eventos que consideramos de relevancia e os envíos dos agasallos dos sorteos, entre outros.

Que gastos tedes por diante?

Chegados a estas alturas do ano enfrontámonos a varios gastos, os máis avultados os que teñen que ver coa renovación do dominio .gal para o próximo ano, que supera os 60 euros, ou a preparación dos desprazamentos ás próximas feiras e eventos, especialmente o MWC.

Cales foron os últimos movementos?

Desde a anterior dación de contas, en setembro de 2015, estes foron os movementos económicos que tivemos en Mallando no Android.

Ingresos

  • Saldo positivo dación anterior: 21,91 €
  • Suscricións: 66,51 €
  • Doazóns: 94,75 €
  • Outros: 52,03 €
  • Ingresos totais: 235,10 €

Gastos

  • Dominio .gal (2015): 61,65 €
  • Dominio .com (2016): 16,94 €
  • Deseño, soporte e mensaxería: 73,82 €
  • Avión para o MWC 2016: 105,26 €
  • Gastos totais: 257,67 €

Saldo actual (Ingresos – Gastos): 235,10 – 257,67 = -22,57 €

Agradecerémosche infinito calquera aportación que poidas ou queiras facernos 🙂

Sobre o autor

Reply