Pokémon Go lanzará inminentemente as bonificacións diarias para manter o interese no xogo

pokemon-go-misions

Concluído o primeiro evento de Pokémon Go, vencellado á celebración de Halloween / Samaín, Niantic vén de anunciar que prepara novidades para unha inminente actualización. Trátase das recompensas diarias, que chegarán en forma de bonificación en puntos de experiencia e polvoestelares por atrapar Pokémons ou visitar Poképaradas.

Indo ao concreto, as bonificacións que obteremos serán as seguintes:

  • Por atrapar un Pokémon diario: 500 PX + 600 Polvoestelares
  • Por atrapar un Pokémon diario durante 7 días seguidos: 2000 PX + 2400 Polvoestelares
  • Por visitar unha Poképarada diaria: 500 PX + varios obxectos adicionais
  • Por visitar unha Poképarada diaria durante 7 días seguidos: 2000 PX + unha cantidade maior de obxectos adicionais.

Ademais, atrapando un Pokémon en calquera momento dun martes, segundo a nosa hora local, poderemos optar á seguinte bonificación diaria do mércores ás 12, hora local.

Con estas novidades Niantic pretende que as usuarias manteñan o interese no xogo mentras se espera a chegada da seguinte xeración. Serán capaces de conseguilo?

Vía | Niantic

Sobre o autor

No Responses

Reply