Wileyfox mantén a súa aposta pola gama media nos novos Swift 2 e Swift 2+

wileyfox-swift-2-1

Pouco falamos aínda de Wileyfox, un fabricante europeo que ten a súa sede en Londres. Trátase dunha empresa centrada en ofrecer solucións de gama media que aspiran a facerse oco nun mundo que dominan unhas poucas marcas a nível mundial. Hoxe son carne de nova porque veñen de presentar os sus novos dispositivos, os WileyFox Swift 2 e Swift 2+.

Ambos dispositivos son practicamente idénticos, aínda que a versión “plus” mellora algúns aspectos fronte o modelo estándar. No seu interior levan un procesador Qualcomm Snapdragon 430, coa configuración de 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, no caso do Swift 2, e de 3 GB de RAM e 32 GB de memoria no Swift 2+.

wileyfox-swift-2-4

A pantalla é de 5 polgadas, con resolucón 720p (294 píxeles por polgadas), acabado 2.5D e protección Corning Gorilla Glass 3. Pola súa banda, no aspecto multimedia temos unha cámara frontal de 8 megapíxeles, aínda que na traseira temos diferenzas: 13 megapíxeles, no caso do Swift 2, e 16 megapíxeles no caso do Swift 2+, ambas con dobre flash LED e PDAF.

wileyfox-swift-2-2

Ambos modelos teñen unha batería de 2700 mAh con capacidade de carga rápida, USB tipo C, NFC, lector de pegadas dixitais, jack 3.5 mm de audio e espazo para dúas tarxetas SIM (nano e micro), aínda que podemos usar un dos ocos para ampliar memoria mediante tarxetas microSD de até 64 GB.

Achamos diferenzas nos materiais empregados na súa fabricación, pois mentres o Swift 2 ten a parte traseira feita de policarbonato, o Swift 2+ emprega o aluminio, un material moito máis premium. Finalmente, en canto ao sistema operativo, os novos teléfonos de Wileyfox empregan Cyanogen 13, baseado en Android 6.0.1 Marshmallow.

wileyfox-swift-2-3

Dispoñibilidade e prezos

Os novos Wileyfox xa se poden mercar a través da web do fabricante, aínda que para facernos con eles a través de outras tendas, como Amazon, haberá que esperar á semana que vén. En canto a prezos, o Swift 2 véndese por 159 libras (aproximadamente 175 euros) e o Swift 2+ por 189 libras (arredor de 210 euros). Podémolos coller en dourado, negro ou rosa.

Máis info | Swift 2 | Swift 2+

Sobre o autor

Reply