Xiaomi anuncia os novos Xiaomi Redmi 4 e Redmi 4A

xiaomi-redmi-4-3

Logo de ternos posto os dentes largos coa presentación dos seus novos buques insignia, os Mi Note 2 e Mi Mix, o fabricante chinés Xiaomi vén de facer oficial a renovación da súa gama baixa coa presentación do Xiaomi Redmi 4 e do Xiaomi Redmi 4A. Malia ser os seus trebellos máis básicos, os novos modelos de Xiaomi – o principal dispoñíbel en dúas versións – incorporan unhas prestacións moi interesantes, o que fai que poidan tratarse de ti a ti cos dispositivos de gama media de outras marcas.

Especificacións do Xiaomi Redmi 4

O Redmi 4 incorpora unha pantalla de 5 polgadas con resolución Full HD (1920 x 1080 píxeles, 441 píxeles por polgada), albergando no seu corpo unibody un procesador Qualcomm Snapdragon 625 a 2 GHz, xunto 2 / 3 GB de memoria RAM e 16 / 32 GB de memoria interna, cantidades que poderemos ampliar mediante tarxetas microSD.

xiaomi-redmi-4-1

En canto ás cámaras, a principal é de 13 megapíxeles, con apertura f/2.0 e PDAF, mentres que no caso da frontal temos un sensor de 5 megapíxeles e f/2.2. A súa batería sitúase nos 4100 mAh de capacidade con carga rápida, conta con lector de pegadas dixitais na parte traseira e como sistema operativo leva Android 6.0.1. Marshmallow con interface de personalización MIUI 8.

Especificacións do Xiaomi Redmi 4A

Pola súa banda, o Xiaomi Redmi 4A é un modelo moito máis modesto. A súa pantalla é de 5 polgadas, aínda que neste caso con pantalla HD. No interior leva un procesador Snapdragon 425 a 2 Ghz, 2 GB de RAM e 16 GB de memoria interna, ademais de microSD.

xiaomi-redmi-4a

As cámaras son de 13 2 5 megapíxeles, a batería de 3120 mAh e tamén usa Android 6.0.1 Marshmallow con MIUI 8. O que perde é o lector de pegadas dixitais.

Dispoñibilidade e prezo

Ambos os dous modelos do Xiaomi Redmi 4 poranse á venda neste mesmo mes de novembro, estando dispoñíbeis en tres cores: dourado, prateado e negro.

xiaomi-redmi-4-2

Oseu precio oficial coa configuración 3 GB de RAM e 32 GB de memoria interna é, ao cambio, duns 120 euros. Pola súa banda, se preferimos a opción de 2 GB de RAM e 16 GB, este ten un prezo duns 95 euros ao cambio.

Por outro lado, o Xiaomi Redmi 4A custará 66 euros.

Deixa un Comentario