GM5, o novo dispositivo Android One de General Mobile

general-mobile-gm5-1

Logo dun tempo sen termos novidades de Android One, o proxecto de Google para levar o último de Android a dispositivos económicos, chéganos un novo modelo. Trátase do GM5, un dispositivo do fabricante turco General Mobile, que ademais é o primeiro terminal Android One en contar con Android 7.0 – Nougat.

O GM5 incorpora unha pantalla IPS de 5 polgadas con resolución HD, brillo de 400 nits e protección Gorilla Glass 4. No seu interior leva un procesador Qualcomm Snapdragon 410, xunto 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis mediante tarxetas microSD.

general-mobile-gm5-2

No apartado multimedia, a cámara principal é de 13 megapíxeles, con flash LED dual, mentres que na frontal temos un sensor de 5 megapíxeles. A súa batería é de 2500 mAh e dispón de conectividade LTE 4G.

En definitiva, o trebello ten unhas prestacións de gama media que lle deberían permitir mover con axilidade as aplicacións máis habituais, aínda que é no seu software onde está o seu punto forte, xa que ten unha versión de Android pura e a garantía de que é a propia Google quen se encarga das actualizacións.

Dispoñibilidade 

O General Mobile GM5 chega en tres cores (gris, negro e dourado) a 20 países, entre os que de momento non se atopa o noso. Porén, a compañía deixa aberta a porta a ampliar esa listaxe nas próximas semanas.

Sobre o autor

Reply