Rise 31, Rise 51 e Dive 71, os novos terminais básicos de Orange

orange-marca-branca-2017

As grandes operadoras, sobre todo as multinacionais, adoitan contar nos seus catálogos con dispositivos que comercializan baixo a súa propia marca. Vodafone leva anos facéndoo e xa aposta por dispositivos en todas as gamas, mais Orange mantén unha estratexia diferente, centrándose en ofrecer modelos de gama baixa para as usuarias que buscan trebellos básicos. É o caso dos novos Rise 31, Rise 51 e Dive 71.

Orange Rise 31

O Rise 31 é o dispositivo máis sinxelo de todos. Está fabricado por Alcatel e incorpora unha pantalla de 4 polgadas, e no seu interior leva un procesador MediaTek MT6580M, de catro núcleos a 1,3 GHz, xunto 512 MB de memoria RAM e 4 GB de memoria interna, ampliábeis mediante microSD.

orange-rise-31

A cámara principal é de 3 megapíxeles e a súa batería de 1500 mAh. Ademais, carece de conectividade 4G, algo que é de extranar cando a propia operadora está a promover que as usuarias empreguen as novas redes de datos.

Orange Rise 51

Un chanzo por riba está o Rise 51. É outro dispositivo fabricado por Alcatel, aínda que neste caso temos unha pantalla de 5 polgadas con resolución FWVGA (854 x 480 píxeles) e se engaden algúns “luxos”, como a tecnoloxía NFC.

orange-rise-51

Internamente leva un procesador MediaTek6735, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 32 GB

Orange Dive 71

O Dive 71 é o modelo máis ambicioso dos tres, aínda que tampouco é ningún luxo. Fbricado por ZTE, o Dive 71 leva unha pantalla de 5,2 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 210, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna ampliábel mediante microSD de até 128 GB.

orange-dive-71

Ofrece compatibilidade coas redes 4G e as súas cámaras son de 8 e 5 megapíxeles. Vén con Android 6.0 Marshmallow.

Dispoñibilidade e prezos

Os tres trebellos xa se poden comercializar a través de Orange, tanto na web como a través das súas tendas físicas. O modelo máis sinxelo, o Rise 31, pódese mercar por 55 euros, mentres que o Rise 51 custa 99 euros, aínda que se pode mercar por 1 €/mes asinando un contrato de permanencia de 24 meses.

Finalmente, o Dive 71 pode adquirirse por 149 euros ou a prazos, cunha cota mensual de 3,50 €/mes durante 2 anos (24 meses).

Sobre o autor

Reply