Lowi xa ofrece chamadas ilimitadas

lowi minutos

Lowi, a operadora low cost de Vodafone, segue a compeletar a súa oferta de telefonía móbil resolvendo as demandas das súas propias usuarias. Á chegada do 4G ou os bonos de chamadas chega a hora a opción de contratar un bono de chamadas ilimitadas.

Para poder disfrutar das chamadas ilimitadas deberemos pagar 18 euros ao mes, unha cantidade na que tamén está incluído 1 GB de datos, que poderemos completar ao gusto en bloques de 200 MB / 1 €, que se acumulan no mes seguinte se non os consumimos.

Outra vantaxe de contratar  esta tarifa é que abre a porta á navegación 4G malia que a cantidade de datos que contratemos non chegue aos 2 GB. E é que até o de agora Lowi reservábase as maiores velocidades de navegación unicamente para as clientas que contratasen máis de 2 GB de datos.

Partindo de 6 € por 1 GB de datos e chamadas a 0 cént/min, Lowi permite personalizar a nosa tarifa de móbil escollendo o volume de datos que queremos (a razón de 200 MB/ 1 €) e se desexamos ter chamadas incluídas, con opcións de 120 minutos por 5 €/mes ou as novas chamadas sen límite, que suman 12 €.

Deixa un Comentario