Energy Sistem lanza os Energy Phone Max 2 e Energy Phone Neo 2

energy-max-2-neo-2

O fabricante español Energy Sistem vén de anunciar o lanzamento de dous novos dispositivos, o Energy Phone Max 2+ e o Energy Phone Neo 2. Ambos os dous trebellos están pensados para as usuarias que empregan os seus smartphones para disfrutar do consumo de contidos multimedia, polo que fan unha aposta especial por un son potente e nítido coa integración da tecnoloxía Xtreme Sound.

Energy Phone Max 2+

O Energy Phone Max 2+ integra unha pantalla IPS de 5,5 polgadas con resolución HD (1280 x 720 píxeles) e protección antipegadas, o que nos axuda a manter o cristal limpo durante máis tempo de uso. No seu interior leva un procesador MediaTek MT6735 de catro núcleos Cortex A53 a 1,3 GHz, xunto 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis.

energy-phone-max-2En canto ás cámaras, a principal ten un sensor de 13 megapíxeles con autoenfoque e flash de dobre ton, o que axuda a conseguir fotografías máis naturais, mentres que a frontal é de 5 megapíxeles con gran angular, permitindo sacar selfies con maior amplitude. A súa batería ten unha capacidade de 3500 mAh.

Energy Phone Neo 2

Por outro lado, o Phone Neo 2 é un dispositivo máis modesto. A pantalla, que tamén ten protección antipegadas, baixa até as 4,5 polgadas con resolución FWVGA (854 x 480 píxeles), e o seu procesador é un modelo de catro núcleos Cortex A53 a 1 GHz. Acompáñano 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna, ampliábeis mediante microSD.

energy-phone-neo-2

A cámara principal  é de 5 megapíxeles, con autofocus e flash LED, e a frontal de 2 megapíxles con ángulo FOV de 83,7 graos. A súa batería é de 2000 mAh e dispón de carcasas intercambiábeis, algo que gusta moito entre o público adolescente.

Prezos e dispoñibilidade

Os dous dispositivos compartes algunhas características, como a conectividade 4G, o sistema dual SIM, o uso de Android 6.0 Marshmallow ou a posibilidade de ampliar a capacidade da memoria interna mediante tarxetas microSD de até 128 GB.

Son dous modelos sinxelos pero bastante completos, que xa podemos adquirir a través das canles habituais. Os seus prezos son os seguintes:

  • Energy Phone Max 2+: 159 euros.
  • Energy Phone Neo 2: 89 euros.

Deixa un Comentario