Knowroaming, unha operadora especializada en roaming en máis de 200 países

knowroaming-2

Un dos principais inconvintes que nos atopamos cando queremos seguir usando con normalidade o noso móbil nas viaxes ao extranxeiro son as tarifas de roaming. Malia os esforzos cara a súa eliminación parcial de varios operadores, como Vodafone (que xa non cobra por usar o móbil na UE e nos Estados Unidos en ningunha das súas tarifas de contrato) ou Orange (que inclúe roaming europeo nalgunhas tarifas), aínda segue sendo un escollo a superar.

Se viaxamos a Europa, sexamos ou non destes dous operadores, non é moito problema, pois dispomos de opcións relativamente baratas. A mellor, por prezo e comodidade, en prepago é facerse cunha tarxeta SIM prepago de Orange coa tarifa Ardilla (non ten conta mensual) e activarlle o módulo “GO Europa“, que ofrece bloques de 100 MB / día de uso / 1 €.

Mais a cousa se complica cando queremos viaxar a outras latitudes. Conseguir unha SIM local pode ser unha opción a considerar, aínda que temos que coñecer de anteman como é o proceso de activación no país que visitaremos. Nalgúns casos as SIMs véndense en quioscos, outras só en tendas de operadora e baixo rexistro. Se non queremos ter que preocuparnos destes trámites o mellor é que apostemos por opcións como Knowroaming, a compañía da que hoxe queremos falarvos.

knowroaming-1

Knowroaming é unha operadora especializada en servizos de roaming. A súa tarxeta SIM trae dous números activados, un de Estados Unidos e outro do Reino Unido, que podemos empregar indistintamente. As súas tarifas dependen do país que visitemos, tendo diferentes prezos por minuto, SMS e mega de navegación, aínda que en moitos dispón dunha tarifa plana de datos ilimitados por 7,99 $/día. Ademais, todo o tráfico de WhatsApp é gratuíto, o cal é outro dos seus grandes reclamos.

A compañía comercializa dúas solucións. A primeira é unha SIM tradicional que vén cos 3 cortes (SIM estándar, micro e nano SIM) e podemos mercar por 9,99 dólares, mais a que nos chamou a atención foi o “SIM Sticker” (29,99 dólares, aínda que trae 10 de saldo): trátase dunha SIM – pegatina, que se pega por riba da nosa SIM habitual e funcionan ao tempo, de maneira que cando nos conectamos á rede no extranxeiro usamos os servizos de Knowroaming, sen ter que cambiar de SIM nin precisar un terminal dual-SIM. Neste vídeo podedes ver mellor como é o proceso de pegado da SIM-pegatina na nosa tarxeta habitual.

Knowroaming está dispoñíbel en máis de 200 países, aínda que a listaxe daqueles estados nos que ofrece a tarifa de datos diarios ilimitada redúcese a algo menos de 100.

Máis info | Knowroaming

Sobre o autor

Reply