Matrix PowerWatch, o reloxo intelixente que se carga coa calor corporal

matrix-powerwatch-2

A principal queixa que teñen as usuarias dos smartwatches é a duración da súa batería. Aínda que a meirande parte dos modelos teñen unha autonomía de 2 ou 3 días, para unha boa parte da xente, acostumada aos reloxos tradicionais, segue resultando insuficiente. Baixo esta premisa nace o Matrix PowerWatch, unha reloxo nacido de Indiegogo que usa a nosa calor corporal para recargar a súa baatería.

matrix-powerwatch-1

Destaca por ter un deseño minimalista, con esfera metálica, dous botóns no lateral dereito e a tradicional roda. En canto as súas funcionalidades, son as habituais que nos encontramos en calquera smartwatch ou pulseira cuantificadora de actividade: contabilizar os pasos que damos ao longo do día, o número de calorías consumidas, as horas de sono e mesmo o que nadamos.

O seu consumo enerxético é moi reducido e, tal e como comentamos ao comezo do artigo, non é preciso conectalo a un enchufe eléctrico xa que aproveita a calor corporal que recibe levándoo posto para cargar a súa pila. Ademais, naqueles momentos no que non o teñamos posto, entra nunha fase de pseudo-hibernación na que o consumo é moitísimo menor.

matrix-powerwatch-3

Disporá dunha aplicación propia para Android e iOS na que poderemos ir comprobando os nosos avances, aínda que tamén permitirá transferilos a Google Fit e Apple Health, por se proferimos visualizar os datos nas apps de actividade de de Google ou Apple, respectivamente.

Dispoñibilidade de prezo

O proxecto xa superou o 100% da cantidade necesaria para poñelo en marcha a través da plataforma de crowdfunding Indiegogo, e está previsto que as primeiras unidades cheguen en xullo de 2017. Reservando agora podemos facernos cunha unidade por 199 dólares (uns 110 €), aínda que existe a posibilidade de mercar en pack dúas unidades por 198 dólares (uns 180 euros, a unidade a 90 €), catro por 369 dólares (uns 342 €, a unidade a 85,50 €). O prezo final será de 169,99 dólares, uns 157 euros.

Máis info | Indiegogo

Sobre o autor

Reply