As vídeochamadas de WhatsApp xa están dispoñíbeis para todas

logo whatsapp

A finas do mes de outuno a versión beta de WhatsApp introduciu as videochamadas, unha utilidade que viña sendo reclamada historicamente polas usuarias e usuarios da popular aplicación de mensaxería. Preto dun mes despois, esta nova funcionalidade chega á versión estábel da aplicación, polo que todas as usuarias imos tela dispoñíbel conforme recibamos a actualización.

Para poder levar a cabo unha chamada de voz de vídeo desde WhatsApp debemos acceder ou abrir unha conversa co contacto que queiramos comunicarnos. Unha vez na conversa, premeremos o botón de teléfono, situado na parte superior, e xa se nos pregunta se desexamos facer unha chamada de voz ou unha vídeochamada.

whatsapp-videochamada-1

A calidade das chamadas de voz e vídeo depende fundamentalmente da nosa velocidade de conexión á Internet, polo que en zonas nas que non esteamos – cando menos – en 3G será bastante mala. En calquera caso, a nosa recomendación é que se empregue fundamentalmente baixo unha conexión WiFi, xa que consume arredor dos 20 MB por minuto de conversa.

A nova versión irá chegando a todas a través da actualización na Play Store, polo que máis cedo que tarde terédela dispoñíbel no voso trebello.

Descarga | WhatsApp (Play Store)

Sobre o autor

Reply