OnePlus 3T, a versión “vitaminada” do OnePlus 3

oneplus-3t

Malia termos recente o OnePlus 3, días atrás soubemos que OnePlus tiña previsto celebrar onte un evento para presentar un trebello que integraba o procesador Qualcomm Snapdragon 821, que xa é unha realidade. Trátase do novo OnePlus 3T, unha nova versión derivada do OnePlus 3 que mellora en aspectos como ao procesador, batería ou a cámara.

En canto a deseño e acabados, estamos ante un dispositivo continuísta, por non dicir que é practicamente idéntico á versión orixinal. Trátase dun trebello de corpo unibody con liñas suavizadas e acabados en aluminio. Na parte dianteira conserva o botón frontal que alberga tamén o lector de pegadas dixitais.

Incorpora unha pantalla de 5,5 polgadas con resolución Full HD (1920 x 1080 píxeles), e no interior leva o procesador Qualcomm Snapdragon 821, de catro núcelos a 2,35 GHz, xunto 6 GB de memoria RAM e opcións de 64 ou 128 GB de memoria interna, ampliábeis mediante microSD.

oneplus-3t-2

A cámara dianteira pasa a ser o modelo Sony Exmor RS IMX398, cun sensor de 16 megapíxeles; na frontal tamén se aposta por un sensor de 16 Mpx, aínda que máis modesto nese caso. Integra unha batería de 3400 mAh con sistema de carga rápida DASH Charge, e Android 6.0 Marshmallow actualizábel a Android 7.0

Prezo e dispoñibilidade

A actualización de especificacións do OnePlus 3T fronte ás do OnePlus 3 fai tamén que o seu prezo medre 40 € até os 439 €. Estará dispoñíbel para mercar a partir do 28 de novembro.

Máis info | OnePlus 3T

Sobre o autor

Reply