Como funciona unha tenda online por dentro? Así é Opirata, ecommerce con sede en Bueu

opirata_com

De seguro que en máis dunha ocasión, á hora de facer unha compra na rede, preguntástesvos como sería o proceso que seguen os produtos desde que facemos o pago até que chega a empresa de mensaxería coa mercadoría mercada á porta da nosa casa. Nós tamén. Por iso hoxe queremos falarvos de Opirata.com, un ecommerce galego con sede en Bueu que levan máis de 10 anos vendendo produtos informáticos e de electrónica a través da súa web.

No seguinte vídeo podedes ver de maneira resumida como é todo o proceso que segue o pedido até que chega á nosa casa, e que pode involucrar até 15 persoas, formando un complexo engranaxe que garante que se envía o que se pedira o cliente. E é que a organización é algo básico se temos en conta que unha tenda como Opirata.com manexa máis de 10.000 referencias.

Black Friday: todo un reto de coordinación

A práctica totalidade das tendas online adoptaron o Black Friday americano. Coa Internet eliminando fronteiras e o conxunto das consumidoras con ganas de aforrar uns euros nas súas compras, non facelo implicaría perder parte dos xogosos números que se colleitan nas vendas arredor desas datas.

black-friday

Para unha empresa como Opirata.com, o Black Friday supón un importante impulso económico, mais tamén un reto tecnolóxico e loxístico. Cunhas previsións de facturación para ese venres 25 de novembro que multiplican por 10 a facturación dun venres normal, a web da tenda online galega acolle máis dun pedido por minuto de media, multiplica por 5 o número de usuarias visitando a páxina nos días previos e por 30 as usuarias conectadas á hora de lanzar a promoción.

Desde Opirata.com lembran que entre o luns 21 e o xoves 24 de novembro comezan os Black Days, nos que haberá produtos rebaixados e ofertas exclusivas, como antesala do Black Friday, que se celebrará o venres 25 a partir das 00.00.01 horas. Finalmente, o luns 28 de novembro, celebrarase o Cyber Monday, como broche final a unha semana de ofertas.

200 € de media por Internauta

As previsións apuntan que cada internauta gasta uns 200 € de media no Black Friday, sendo o sector tecnolóxico un dos máis beneficiados destas ofertas, aínda que ultimamente practicamente todos os sectores sucumbiron ás rebaixas nesas datas.

Web | Opirata.com

Sobre o autor

No Responses

Reply