Vodafone alíase con HBO para traer todas as series desde o momento da estrea

bodegon_vodafone_hbo-espana

Logo de que soubéramos que Vodafone deixaría de incluír Netflix, que agora ofrece Orange, a operadora vermella vén de anunciar un novo acordo de contidos televisivos, desta vez con HBO, que estará incluído nos clientes con paqutes Vodafone One M, L, XL ou Vodafone One con TV Total, ademais das usuarias con tarifas móbiles Red M, L ou XL e a integración nos decodificadores de Vodafone TV.

Coñecida polas súas series de éxito mundial como Game of Thrones (Xogo de Tronos), The Night Of, Divorce, Girls, True Detective, Veep ou Silicon Valley, HBO chega ofrecendo ás clientas de Vodafone unha serie de títulos de outros principais produtores de series e a estrea dos novos capítulos desde o momento do seu lanzamento nos Estados Unidos.

cuadro-oferta-vodafone_hbo-espana

Quen teña contratado o paquete Total de televisión terá incluídos os contidos de HBO dentro da súa tarifa habitual. Por outro lado, as clientas con Vodafone One L, XL ou coas tarifas Red L e Red XL tamén disfrutarán do servizo de forma gratuíta durante 2 anos, mentres que aqueles con tarifa Red M ou Vodafone One M terano incluído durante 3 meses e, finalmente, os de Internet Móvil L durante 2 anos. Fóra dos tempos promocionais ou para o resto de clientes, o prezo será de 7,99 €/mes.

Cada suscrición a HBO pode ser empregada de forma simultánea por dous usuarios, por exemplo na televisión e no móbil. Nesta última canle Vodafone centra parte da súa estratexia comercial, xa que a aposta polo 4G na compañía é máis que evidente, agora dotándooa de contido.

No Responses

Deixa un Comentario