Dixitaliza todas as túas fotos antigas en papel e gárdaas na nube con PhotoScan, a nova app de Google

google-photoscan-1

Cantas fotos tedes antigas tedes na vosa casa impresas? Seguro que ducias, centos ou milleiros. Colgadas das paredes, pegadas en en vellos albumes de fotos… non sería marabilloso poder dixitalizar todo o arquivo fotográfico familiar? Esa é a idea coa que nace PhotoScan, a nova aplicación de Google para escanear, dunha maneira rápida e precisa, todas as nosas fotos en papel.

Google entende que pasar as fotos unha a unha polo escáner non é un proceso cómodo nin rápido, e mais se, por exemplo, temos as fotos pegadas nalgún álbume ou cun marco arredor. Sacar unha foto da foto sería a solución máis rápida e obvia, pero como saberedes se fixéchedes a a proba, os resultados non adoitan ser bos polos brillos e reflexos que se producen.

Neses casos entra en xogo PhotoScan. A nova app de Google guíanos polo proceso de dixitalización das fotos, tendo en conta os puntos da luz e indicando os disparos para facer un procesado que mellorará a imaxe resultante, independentemente da situación de partida da foto orixinal.

Como puidéchedes ver no vídeo, o proceso non podería ser máis sinxelo. Unha vez rematado podemos descargar no móbil o resultado ou subilo a Google Fotos, onde todas dispomos de almacenaxe ilimitado para gardar fotos de até 12 megapíxeles coa nosa conta de Google. Se son maiores, Google Fotos pode redimensaionar a ese tamaño ou ocupar espazo dentro do que teñamos contratado na nube de Google.

Ademais, co lanzamento dessta nova aplicación a compañía de Mountain View estrea 12 novos filtros e novas ferramentas de edición, por se queremos adaptar o procesado final automático que fai Google aos nosos gustos.

Play Store | PhotoScan

Deixa un Comentario