Android 7.0 Nougat para dispositivos bq: modelos e datas

Android Nougat

Cada vez que Google lanza unha nova versión de Android a pregunta que se fan as usuarias é: cando vai recibir esta nova versión o meu teléfono? A resposta non sempre é doada, porque Google só se responsabiliza de actualizar os seus trebellos (Nexus, Android One ou Pixel), quedando en mans dos fabricantes facela ou non. Como norma xeral, os flagship dos fabricantes reciben unha ou dúas actualizacións de software importantes, mentres que aos modelos de gama media ou baixa non adoitan prestarlles moita atención.

bq vén de facer público os modelos do seu portfolio que recibirán a actualización a Android 7.0 Nougat, así como as datas na que se producirán.

  • Primeiro trimestre de 2017: no primeiro trimestre de 2017 actualizaranse o Aquaris X5 Plus, toda a gama U (Aquaris U, Aquaris U Plus e Aquaris U Lite) e o Aquaris A4.5.
  • Segundo trimestre de 2017: nunha segunda fase, entre os meses de abril e xuño será a quenda dos Aquaris X5, Aquaris M5 e Aquaris M5.5.

bq-android-7-0-nougat

Na táboa que acompaña este artigo pódese ver de maneira máis visual o calendario de actualizacións, no que tamén se indica as versións de Android xa recibidas con anterioridade.

Sobre o autor

Reply