Qualcomm Snapdragon 835: máis potencia e velocidade de carga no novo procesador de Qualcomm

qualcomm-snapdragon

O fabricante de procesadores Qualcomm adiantou algúns detalles do seu novo procesador, o Qualcomm Snapdragon 835, que segundo dixo será o máis potente até a data e moito máis avanzado que a xeración anterior. Até aquí, todo obvio e normal. Coñezámolo un pouco máis polo miúdo.

O primeiro que chama a nosa atención é que será fabricado en colaboración con Samsung, empregando o proceso de fabricación en 10 nanómetros da empresa surcoreana, e que o veremos nos principais dispositivos do próximo ano. Combinando estas dúas circunstancias, semella que o Galaxy S8 podería sería un firme candidato a estrealo.

Entre as súas características, o Snapdragon 835 levará a nova carga rápida Quick Charge 4.0, que é até un 20% máis rápida que a versión 3.0 do 2016. Ademais tamén reduce a temperatura até 5 graos e resulta un 30% máis eficiente.

qualcomm-snapdragon-835

Así mesmo, Quick Charge 4.0 vén con compatibilidade con USB Power Delivery. Trátase dun sistema que regula a cantidade de enerxía que o cargador entrega á batería en función do estado da batería, o nível de carga ou a temperatura. Este sistema está deseñado para optimizar a carga e tamén mellorar a seguridade do proceso.

Qualcomm non quixo adiantar máis características do seu novo modelo de procesador, polo que aínda haberá que agardar unhas semanas para coñecer todos os segredos que incorpora e o máis importante: que trebellos o incorporarán.

Sobre o autor

Reply