Aparece un suposto Xiaomi Mi MIX Nano con pantalla até os bordes

filtracion-xiaomi-mi-mix-nano

Hai unhas semanas Xiaomi anunciou o Xiaomi Mi MIX, un dispositivo que sorprendeu a todo o mundo ao integrar unha pantalla de 6,4 polgadas que carece de marcos, aínda que como contrapartidas temos un elevadísimo custe de produción e a fraxilidade da súa pantalla ante as caídas.

Porén, a compañía chinesa podería estar preparando unha nova versión, da que veñen de aparecer varias imaxes. Trátase do Xiaomi Mi MIX Nano, con pantalla de 5,5 polgadas que, igual que acontece no modelo máis grande, ocuparía a práctica totalidade da parte frontal do dispositivo. A súa resolución sería FullHD 1080p.

filtracion-xiaomi-mi-mix-nano-2

En canto ao resto das súas características técnicas, as filtracións apuntan a que viría con 4 GB de memoria RAM con opcións de 64 e 128 GB de almacenaxe interna. Xunto a estas capacidades, teríamos o procesador Qualcomm Snapdragon 821.

Pode que aínda teñamos que agardar unhas cantas semanas antes de coñecelo de maneira oficial, aínda que xa comezaron as primeiras especulacións sobre o seu prezo, e todo apunta a que andaría polos 450 euros, unha cantidade bastante asequíbel para un dispositivo espectacular no deseño e moi interesante en prestacións.

Sobre o autor

Reply