A galega Ocean’s celebra o Black Friday con rebaixas en tarifas e terminais

Oceans

A operadora galega Ocean’s vén de sumarse, por terceiro ano consecutivo, á celebración do Black Friday, cunha semana de descontos en tarifas e dispositivos que se extenderán até o próximo luns 28, incluído. Ademais, coincidindo con esta promoción engaden ao seu catálogo de trebellos varios modelos de gama alta, como os Samsung Galaxy S7 / S7 Edge ou os iPhone 7 / iPhone 7 Plus.

Terminais rebaixados durante a semana do Black Friday

Ocean’s aplicará descontos nos terminais do seu catálogo, entre os que se incluén os Samsung Galaxy S7, Samsung Galaxy S7 Plus, Samsung Galaxy J5 2015, Samsung Galaxy J3, Alcatel Pixi 4.5″, todos eles con Android, e os iPhone / e iPhone 7 Plus, de Apple.

Os seus prezos promocionados serán os seguintes:

  • Apple iPhone 7 (32 GB): 749 €.
  • Apple iPhone 7 Plus (32 GB): 879 €.
  • Samsung Galaxy S7: 629 €.
  • Samsung Galaxy S7 Edge: 729 €.
  • Samsung Galaxy J5 2016 (16 GB): 219 €
  • Samsung Galaxy J3: 159 €
  • Alcatel Pixi 4.5”: 70 €

Os terminais véndense totalmente libres, páganse de vez e non supoñen permancia na compañía, aínda que á hora de mercalos é preciso asocialos a algunha das tarifas.

Tarifas rebaixadas até febreiro de 2017

Ademais das rebaixas en terminais, Oceans tamén baixará o prezo ás usuarias particulares que contraten algunha tarifa móbil durante estes oito días de promoción. Os cambios son os seguintes:

  • Tarifa ÁGil 1 GB – 7,95 €/mes (fóra de promo 15,95 €/mes): chamadas ilimitadas + 1 GB de datos.
  • Tarifa ÁGil 3 GB – 9,95 €/mes (fóra de promo 18,95 €/mes): chamadas ilimitadas + 3 GB de datos.
  • Tarifa ÁGil 8 GB – 18,95 €/mes (fóra de promo 26,95 €/mes): chamadas ilimitadas + 8 GB de datos.

oceans-black-friday-2016-1

Estes prezos reducidos na cota das tarifas móbiles con chamadas ilimitadas aplicaranse até o 28 de febreiro de 2017.

Altas a través da web

Aquelas persoas que queiran beneficiarse detas promocións que ofrece Ocean’s co gallo do Black Friday, que ademias poden aplicarse conxuntamente, non teñen máis que facer a contratación ou a compra a través da canle online da compañía, dispoñíbel na súa web.

Máis info | Ocean’s.

Sobre o autor

No Responses

Reply