Segunda xeración de Pokemon Go: que podemos agardar?

Pokemon GO

Como sabedes, o mes que vén chega a Segunda Xeración de Pokémon a Pokémon Go. Son un total de cen novos Pokémons, aqueles que nos antigos xogos introducíanse en Pokémon Ouro e Pokémon Prata. Que podemos agardar desta actualización do xogo?

Moitos Pokemons sen evolución

Dos 100 novos Pokémon, 27 non teñen evolución. Porén, algúns destes si que terán evolucións en vindeiras xeracións, igual que 8 dos 23 que non a tiñan na primeira xeración agora si que a terán, tal e como contaremos máis adiante. Estes 27 Pokemons son:

Sudowoodo, Aipom, Yanma, Murkrow, Misdreavus, Unown, Wobbuffet, Girafarig, Dunsparce, Gligar, Qwilfish, Shuckle, Heracross, Sneasel, Corsola, Delibird, Mantine, Skarmory, Stantler, Smeragle, Miltank e os lexendarios Raikou, Entei, Suicune (os 3 cans lexendarios), Lugia, Ho-Oh e Celebi.

pokemons-1

Pouquiñas evolucións de tres pasos

Só se introducen seis familias de Pokémon con tres evolucións (na xeración 1 eran 16 familias). Estes inclúen os tres Pokémon iniciais de Planta, Lume e Auga e as súas evolucións (Chikorita, con Bayleef e Meganiun; Cyndaquil, con Quilava e Typhlosion; e Totodile con Croconaw e Feraligatr, respectivamente), e tres outros: un Pokémon Eléctrico que representa ovellas de cores (Mareep, Flaaffy e Ampharos), outro tipo Planta que representa as fases dun dente de león (Hoppip, Skiploom e Jumpluff) e un Pokémon tipo Rocha que por poder sería o equivalente da familia Dragonite nesta segunda xeración (Larvitar, Pupitar e Tyranitar).

pokemons-3

Novamente, unha maioría de evolucións de dous pasos

Dos 100 Pokemons novos, 36 forman parte de pares de dúas evolucións. (Na 1ª xeración eran 74, en 37 parellas). Estas parellas son as seguintes:

Sentret, que evoluciona a Furret; Hoothoot a Noctowl; Ledyba a Ledian; Spinarak a Ariados; Chinchou a Lanturn; Togepi a Togetic; Natu a Xatu; Marill a Azumarill; Sunkern a Sunflora; Wooper a Quagsire; Pineco a Forretress; Snubbull a Granbull; Teddiursa a Ursaring; Slugma a Magcargo; Swinub a Piloswine; Remoraid a Octillery; Houndour a Houndoom; e Phanpy a Donphan.

pokemons-2

Novas evolucións de Pokemons da primeira xeración.

Por último, como diciamos arriba, haberá novas evolucións dos Pokémons da primeira xeración, xa que dos 100 novos Pokemons, 19 son evolucións de Pokemons que xa aparecen na Primeira xeración.

Isto precisamente permítenos irnos preparando para a próxima xeración de Pokémon antes de que chegue acumulando caramelos dalgúns deles. De que Caramelos teriamos que gardar? Pois de Pikachu, Clefairy, Jigglypuff, Zubat, Oddish, Poliwag, Slowpoke, Onix, Hitmonlee, Hitmonchan, Chansey, Horsea, Scyther, Jynx, Electabuzz, Magmar, Eevee e Porygon.

Porén, de entre estas, só 6 deles son evolucións tradicionais: Crobat é unha evolución de Golbat, Kingdra de Seadra, Steelix de Onyx, Blissey de Chansey, Scizor de Scyther e Porygon 2 de Porygon. Destes, Crobat e Kingdra son terceiras evolucións, e os demais segundas.

pokemons-esp

De entre o resto de novas evolucións, varias son evolucións alternativas de Pokémons existentes, como Bellossom, unha evolución de Gloom alternativa a Vileplum; Politoed, unha evolución de Poliwhirl alternativa a Poliwrath ou Slowking, alternativa a Slowbro. Eevee presenta tamén dúas novas evolucións, Umbreon e Espeon. Mención aparte merecen Tyrogue e Hitmontop, que forman unha nova familia de evolucións con Hitmonlee e Hitmonchan, de forma que Tyrogue é o Pokémon base para as tres evolucións. Como resolverá estas evolucións Pokémon Go? Non o sabemos.

Por último, aparecen os Baby Pokémons, Pokémons que son unha pre-evolución de Pokémons xa existentes. Estes son Pichu (de Pikachu), Cleffa (Clefairy), Igglybuff (Jigglypuff), Smoochum (Jynx), Elekid (Electabuzz) e Magby (Magmar). Hai moita especulación sobre se Niantic aproveitará o sistema actual de ovos para incubar estes Pokémons dun xeito semellante a como se obtiñan no xogo orixinal (criándoos na gardería Pokémon despois de xuntar un Pokemon macho e un Pokemon femia), mais para sabelo teremos que agardar ao lanzamento definitivo.

E vós que, tamén vos tarda o lanzamento da segunda xeración?

Deixa un Comentario