Vodafone celebra o “Black Friday” con Vodafone One a metade de prezo até xuño do 2017

vodafone-one

Vodafone celebra o “Black Friday” cunha interesante promoción de captación de novas clientas pola cal calquera persoa que contrate calquera modalidade de Vodafone One terá un desconto do 50% na cota até xuño de 2017. Ademais, a compañía británica tamén rebaixa varios smartphones e accesorios, aínda que neste caso beneficiaranse tanto as novas clientas como as actuais.

A rebaixa do 50% na cota de Vodafone One, que inclúe servizos fixos (teléfono e Internet), móbil e, opcionalmente, televisión, farase de xeito automático a todas as persoas que realicen unha nova alta ou portabilidade entre hoxe, luns 21, e o próximo luns 28 de novembro.

Na seguinte táboa pódense ver as opcións cos seus prezos en promoción e fóra dela.

ONE SONE MONE  L/ TV Esencial
Fibra50Mb
ADSL
120 Mb300 Mb50Mb
ADSL
120 Mb300 Mb50Mb
ADSL
120 Mb300

Mb

Móbil200 minChamadas ilimitadas
2 GB4 GB6 GB
Roaming na Unión Europea e os Estados Unidos
Outra liña móbil gratisChamadas a 0 cent / min e 500 MB gratis 12 meses
FixoChamadas ilimitadas a fixos e móbiles
Chamadas gratis entre a familia
VODAFONE TV TOTAL3 meses gratis
Prezo/mes50€
25€
58€
29€
62€
31€
61€
30,50€
69€
34,50€
73€
36,50€
72€
36€
80€
40€
84€
42€

25% en smartphones seleccionados

Do mesmo modo, para ese mesmo período de tempo, Vodafone tamén ten seleccionados varios terminais sobre os que aplicará un desconto sobre o seu prezo de venda habitual. Neste caso poderán beneficiarse tanto as novas altas como as clientas habituais que fagan renovacións de terminais ou migracións de cartón prepago a opcións de contrato. Algunhas destas ofertas son as seguintes.

  • Huawei P8 Lite: 5 €/mes durante 24 meses con Vodafone One S (1800 unidades).
  • ZTE A512: 4€/mes durante 24 meses con Vodafone One S (600 unidades).
  • Sony Xperia XA: 6€/mes durante 24 meses con Vodafone One M, limitado a (1000 unidades).
  • Sony Xperia X: 13€/mes durante 24 meses con Vodafone One M, limitado a (400 unidades).

En canto aos accesorios, haberá descontos no catálogo de até o 60%, polo que pode ser unha moi boa oportunidade para facerse con eles para acompañar o noso móbil.

Deixa un Comentario