Huawei anuncia o Mate 9 Lite, a versión “mini” do seu flagship

huawei-mate-9-lite-1

A comezos de mes Huawei anunciou o Huawei Mate 9, o seu actual dispositivo de referencia, e xunto a el o Mate 9 Porsche Design, que integra unha pantalla curva semellante á que xa temos visto en varios dispositivos de Samsung. Agora, e sen facer moito ruído, a marca chinesa vén de presentar o Huawei Mate 9 Lite, unha versión descafeinada para usuarias que non precisan tanto nun móbil.

O Mate 9 Lite integra unha pantalla de 5,5 polgadas con resolución 1080p e no seu interior leva un procesador do propio fabricante, o Kirin 655. Está dispoñíbel en dúas versións, unha con 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna e outra con 4 GB de RAM e 64 GB para almacenaxe, aínda que en ambos casos pódese aumentar a memoria mediante tarxetas microSD.

huawei-mate-9-lite-2

No apartado fotográfico temos un sensor de 8 megapíxeles no frontal e a combinación de dúas lentes, de 12 e de 2 megapíxeles, na parte traseira, onde tamén se atopa o sensor de pegadas dixitais.

A súa batería é de 3340 mAh, con capacidade de carga rápida, e leva Android 6.0 Marshmallow xunto á capa de personalización EMUI 4.1.

huawei-mate-9-lite-3

Polo de agora descoñécese canto cando se vai comercializar este trebello e canto vai custar, aínda que imaxinamos que será un dispositivo asequíbel que estará listo para a campaña de Nadal.

Que vos parece?

Deixa un Comentario