Simyo regala 1 GB ao mes para navegar nas findes até febreiro de 2017

simyo-gb-finde-gratis

Hai xa algún tempo falamos dos innovadores bonos de Simyo, grazas aos cales podemos disfrutar de minutos extra ou datos para empregar en momentos moi concretos. Por exemplo, cos “bonos finde” podemos disfrutar de 100 minutos de voz por 0,99 €/mes ou 1 GB de datos por 1,99 €/mes para consumir entre as 15h do venres até as 23.59 do domingo, e co “bono noite” teremos 1 GB de datos para consumir calquera día da semana entre as 22.30 e as 8 horas.

De maneira promocional esta operadora, que forma parte do entramado de marcas de Orange, regalará o seu bono finde de datos até o mes de febreiro, polo que calquera usuaria da compañía poderá distrugar de 1 GB extra de datos para consumir nas fins de semana sen pagar céntimo. Ao rematar a promoción poderase seguir con dito bono pagando a cota habitual de 1,99 €/mes ou cancelalo para non usalo máis.

A oferta resulta moi tentadora, e mais se temos en conta que os días de Noiteboa / Nadal e Ano Vello / Aninovo coinciden en fin de semana, polo que se somos clientas desta compañía poderemos empregar esa dose de datos extra para enviar as típicas panxoliñas por WhatsApp felicitar as festas aos nosos contactos.

Segundo informa a propia compañía, as clientas actuais non teñen que facer nada para disfrutar esta promoción, xa que se lles aplicará de maneira automática o desconto, mentres que que non a teña activada pode facelo desde a área de cliente da web.

Black Friday en Simyo

Simyo tamén se suma ás empresas que durante toda esta semana están a celebrar o Black Friday, ofrecendo neste caso aos seus clientes importantes descontos en teléfonos do seu portfolio.

black-friday-simyo

Entre os terminais rebaixados temos o Samsung Galaxy S7 por 595 € ou o Moto G4 por 129 €, prezos moi por debaixo dos habituais para estes modelos.

Máis info | Simyo

Deixa un Comentario