Novidades en Pokémon Go: chega Ditto e teremos o dobre de puntos até o día 30

pokemnon-go-ditto

Hai uns días falámosvos de que o CEO de Niantic aseguraba que coa actualización de Halloween de Pokémon Go tiñan introducido un segredo (a modo de easter egg) que aínda non fora descuberto por ninguén. Pois ben, semella que a sorpresa foi agora desvelada e que por fin chega Ditto ao xogo.

Segundo apuntan varias fontes, Ditto pode estar dispoñíbel en calquera sitio para que o capturemos, se ben é certo que non saberemos que é el até que sexa capturado, xa que pode adquirir calquera forma e aparecernos como outro Pokémon. Ademais, ao adestrar ou combatir con el nun ximnasio tamén imitará as habilidades de outros Pokémon.

Polo tanto non cabe dúbida de que é un bo momento para facer farmeo masivo, é dicir, capturar tantos Pokémon como poidamos, pois cantos máis capturemos máis probabilidades teremos de que un deles sexa Ditto.

Dobre de puntos desde hoxe até o 30 de novembro

Coincidindo coa semana de Black Friday, Pokémon Go tamén estrea o evento de Acción de Grazas, que durará até o próximo mércores 30 de novembro, inclusive. Durante todos estes días obteremos o dobre de pó estelar en cada captura que fagamos e multiplicaremos x2 os puntos de experiencia en todas as actividades do xogo. Polo tanto, será moito máis sinxelo subir de nivel.

Ah! E se sodes das que empregan os ovos da sorte para multiplicar x2 os vosos puntos e facer así que sexa moito máis doado subir de nível, debedes saber que esta promoción tamén se aplica aos ovos, polo que a multiplicación final será x4 en puntos.

Axustes nos CP

Estes días Niantic tamén levou a cabo axustos na potencia de combate (CP) de varios Pokémon, segundo dixeron para facer que os adestramentos ou as batallas nos ximnasios sexan máis competititvas. Por iso non debedes extranarnos se descubrides que algúns Pokémon da vosa Pokédex subiron ou baixaron de CP, aínda que si cabrearvos con Niantic se vos baixou algún 😉

Sobre o autor

Reply