Novo HTC 10 Evo, resistente á auga e sen jack de audio

htc-10-evo-1

Hai uns días falámosvos do HTC Bolt, un terminal que malia que semellaba que estaría dispoñíbel en toda a zona EMEA, finalmente será comercializado en exclusiva pola operadora norteamericana Sprint. Porén, o fabricante taiwanés vén de anunciar o HTC 10 Evo, unha variante que se venderá en practicamente todo o mundo, incluído o noso país.

htc-10-evo-2

O novo HTC 10 Evo incorpora unha pantalla de 5,5 polgadas con resolución QHD (2560 x 1440 píxeles) Super LCD 3 con protección Gorilla Glass 5, a máis avanzada a día de hoxe. No seu interior leva un procesador Qualcomm Snapdragon 810 de catro núcleos a 2,3 GHz, 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, aínda que ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 2 TB.

No apartado multimeda, a cámara principal é de 16 megapíxeles con apertura f/2.0. Ademais, permite disparos en RAW e ten estabilización óptica de imaxe OIS, mentres que a frontal é de 8 megapíxeles, cunha apertura de f/2.4.

htc-10-evo-3

Complementando as súas especificacións temos unha batería de 3200 mAh con capacidade de carga rápida e a presenza de elementos como o NFC, o lector de pegadas dixitais, LTE Cat6 (velocidades até 300/50 Mbps)  ou o USB Tipo C. Como gran novidade, carece de porto de audio jack 3.5 específico, polo que se queremos empregar uns auriculares debemos conectalos ao USB Tipo C ou por Bluetooth 4.1.

O gran elemento diferenciador deste HTC 10 Evo é a certificación IP 57, que garante a resistencia a factores externos, nomeadamente á auga e ao pó. O sistema operativo é Android 7.0 Nougat, coa habitual capa de personalización HTC Sense.

Prezo e dispoñibilidade

Aínda que o fabricante non confirmou nim o prezo nin a data na que se porá á venda o novo HTC 10 Evo, semella que tardaremos poucas semanas en telo dispoñíbel, seguramente polo Nadal. Imaxinamos que, en comparación con outros modelos da marca, o seu prezo situarase entre os 600 e 700 euros.

Sobre o autor

No Responses

Reply