Samsung W2017, o novo (e careiro) Android tipo cuncha de Samsung

samsung-w2017-1

En varias ocasións temos falado no blog dos terminais tipo cuncha, que na época pre-smartphones tiñan moi boa acollida no noso país. Porén, en lugares como China ou Corea, terra orixinaria de Samsung e LG, seguen tendo o seu éxito, aínda que por estas latitudes ver un Android deste estilo é unha auténtica rareza.

Precisamente pensando na China, Samsung vén de lanzar o Samsung W2017, o seu dispositivo tipo cuncha de referencia, que integra dúas pantalla táctiles SuperAMOLED de 4,2 polgadas con resolución FullHD, unha para o exterior e outra para o interior do móbil.

samsung-w2017-2

Nas súas entrañas alberga un procesador Qualcomm Snapdragon 820, xunto 4 GB de memoria RAM e 64 GB de almacenaxe interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD. A súa batería é de 2300 mAh, con sistema de carga rápida.

Na cámara principal temos un sensor de 12 megapíxeles, con apertura f/1.9 e gravación de vídeo en 4K, mentres que para a frontal escolleron un modelo de 5 megapíxeles. Complementan a folla de especificacións o lector de pegadas dixitais, a conectividade LTE e Android 6.0.1 como versión do sistema operativo.

samsung-w2017-3

O Samsung W2017 está especialmente orientado ao mercado chinés, e o máis probábel é que unicamente se poida mercar aló o en Corea. Segundo apuntan varias informacións, rondaría os 2000 CNY, que veñen a ser algo máis de 2600 euros ao cambio, unha cantidade ao alcance de moi poucos petos. Que vos parece?

Deixa un Comentario