Yoigo permite pagar as compras na Play Store a través da factura telefónica

yoigo-play-store

Logo dun período de probas de varios meses, Yoigo vén de lanzar de maneira oficial un novo servizo que permite ás usuarias, de contrato ou tarxeta, pagar as aplicacións mercadas a través da Play Store na factura ou co saldo da tarxeta de telefonía móbil.

Esta funcionalidade evita, para aquelas usuarias máis recelosas, ter que compartir o número de tarxeta de débito ou crédito con Google, xa que non será necesario para proceder á efectuar a compra das aplicacións ou outros contidos dispoñíbeis na tenda de Google.

Para habilitar este método de pago, ao mercar por vez primeira unha aplicación pedirase elixir unha forma de pago, entre as que teremos “usar facturación de Yoigo“. Seleccionada esta opción, pedirase completar algunha información e aceptar as condicións, de maneira que unha vez completada a primeira compra quedará habilitada por defecto, aínda que se pode cambiar sempre que se desexe.

Máis info | Yoigo

Deixa un Comentario